En galego, sen Wert-goña!, unha festa pola lingua no clube Clavicémbalo de Lugo

A Liga Estudantil Galega e a asociación Cultura do País convocan unha noite de monólogos e concertos para axir unha campaña de homenaxe a Roberto Vidal Bolaño co gallo do 17 de maio, dia das Letras

 

“Co fin de reivindicar o noso idioma e protestar máis unha vez contra LOMCE”. Así explican dende a Liga Estudantil Galega a orixe do proxecto para unha noite festiva que organizan xunto a asociación Cultura do País e que terá lugar na sexta-feira do 24 de maio no clube  Clavicémbalo de Lugo.

Segundo explica Felipe Vázquez dende a Liga, en conversa con Sermos Galiza, a estratexia era aproveitar un acto lúdico para “trasladar ás persoas alleas ao ámbito académico a nosa preocupación polo que está a acontecer coa LOMCE”, a vulneración do dereito á educación“alén dun ataque para a nosa lingua”.

Co gallo do días das Letras Galegas, concíbese asemade unha homenaxe ao dramaturgo compostelán Roberto Vidal Bolaño no que Anxo Manuel, membro do grupo de teatro Menos dá unha pedra, levará ao emblemático clube de jazz lucense o monólogo' Animaliños”. 

A fin da xornada virá de man do grupo Os Ulträqäns, coñecido grupo coruñés que mistura ritmos punk-rock e folk con letras en galego. Amais, durante o concerto aproveitarase para facer un photocall no marco da campaña nacional “Por unhas letras do aquí”, tamén en ofrenda a Bolaño, e que se moverá polas redes socias co obxecto de dignificar a súa figura. Os participantes terán de tirar as fotos portando o nariz de pallaso e o chapeu que caracterizan ao escritor teatral. 

Máis en Ao vivo
Comentarios