VOLVENDO A ESCOITAR...

Elvis Presley: Aloha from Hawaii

Elvis tería cumprido esta semana 80 anos e este disco recollé un concerto memorábel, que se retransmitiu para todo o mundo vía satélite. 

elvis-crop
photo_camera Elvis

Se Elvis seguira vivo, e moitos cren que aínda ao está, houbera celebrado o seu 80 aniversario este 8 de xaneiro. Falar de Elvis sen caír en tópicos hoxe en día e contando algo que xa non se contara semella ser algo difícil, máis vouno tentar.

Para min falar de Elvis, ten sempre un compoñente especial e persoal. Que me coñece dende neno, lembra que o alcume que tiña naquelas datas tiña que ver co Rei. Tamén lembran, as veces máis que eu mesmo, que levaba dous peites, un en cada peto traseiro do vaqueiro, cos que peiteaba cada lado do tupé a un mesmo tempo. Estes síntomas eran claros de que a un rapaz de 12 anos marcoulle o descubrimento do rock and roll da voz de Elvis. E, por suposto, o primeiro disco vinilo que posuín foi de Elvis.

Aínda que eu daquelas non puiden velo, o 14 de xaneiro 1973 Elvis deu con certo en Hawaii que sería retransmitido vía satélite para todo o mundo. Elvis contaba daquela con 38 anos e perdera 10 quilos para dar ese concerto. Con todos os ollos postos nel, Elvis superou todo o que se agardaba del, deixando rexistrado o que sería o seu derradeiro álbum en vida. Un memorábel concerto que de 85 minutos na súa versión en vídeo, e un dobre álbum de 62 minutos que acadaron o número 1 das listas rapidamente e cuxa versión do “My Way” chegou nas listas a postos máis altos que a que gravara Sinatra.

Para coñecer a Elvis en tódalas súas facetas, dende a máis roqueira á máis romántica, pasando polo blues e o soul, este é sen dúbida un disco imprescindíbel para ter, e non hai mellor xeito de celebrar o 80 aniversario do rei do rock que escoitando a súa música.

Elvis Presley, Aloha from Hawaii. RCA­Victor, 1973, 2xLp Vinilo

Listaxe de temas

Disco1

Cara A

Also Sprach Zarathustra (Theme From "2001 A Space Odyssey) / See See Rider

Burning Love

Something

You Gave Me A Mountain

Steamroller Blues

Cara B

My Way

Love Me

Johnny B. Goode

It's Over

Blue Suede Shoes

I'm So Lonesome I Could Cry

I Can't Stop Loving You

Hound Dog

Disco2

Cara A

What Now My Love

Fever

Welcome To My World

Suspicious Minds

Cara B

I'll Remember You

Medley: Long Tall Sally / Whole Lotta Shakin' Goin' On

American Triology

A Big Hunk O' Love

Can't Help Falling In Love

Elvis Presley Johnny B Good & Blue Suede Shoes Live Aloha From Hawaii

http://youtu.be/m_K5ZUwlZmk

Elvis na rede:

Web Oficial: www.elvis.com

Twitter Oficial: @ElvisPresley

Máis en Ao vivo
Comentarios