Concerto, cea e repichoca para celebrar o 14º aniversario de 'Artábria'

A Fundaçom Artábria lembrará a súa creación cun concerto (21 de setembro), unha repichoca (28 de setembro) e unha cea de aniversario (29 de setembro).
Habelas Hainas
photo_camera Habelas Hainas

Festexar os catorce anos de traballo polo reintegracionismo lingüístico, o monolingüismo social e a defensa da cultura nacional é a idea da Fundaçom Artábria para os actos que ten previsto celebrar este mes. A Associaçom Reintegracionista Artábria naceu en Narón no ano 1992 e transformouse en Fundaçom Artábria no ano 1998. Ese mesmo ano inauguraron local social en Ferrol mantendo unha importante actividade social e cultural. Entre as actividades anuais máis importantes que organizan está o Festival da Terra e da Língua que este ano chegou a súa XII edición con actuacións musicais e a estrea da selección galega de fútbol gaélico diante da selección bretoa.

Entre as actividades anuais máis importantes que organizan está o Festival da Terra e da Língua

Actos do aniversario
Abrirán os actos de aniversario o día 21 de setembro ás 22:30 horas cun concerto no Centro Social, a entrada será gratuíta, onde actuarán os feneses Roger de Flor e os Silvestres xunto ás compostelás Habelas Hainas. Para o día 28 de setembro ás 20:30 horas preparan unha repichoca aberta a todas as persoas que queiran participar e en que haberá petiscos a prezos populares. Rematarán as actividades de celebración dos catorce anos existencia cunha cea o 29 de setembro ás 21:30 horas en Freixeiro, Narón.

Máis en Ao vivo
Comentarios