Berri Txarrak, La Gossa Sorda, Sés e DKTC no Castañazo'15

Un cartaz de luxo no festival do outono.

Castañazo

O Castañazo rock ten moitas particularidades. Entre elas o feito de ser un festival de outono que, para alén do máis, decorre en Chantada, no sur de Lugo. Porén, a organización combate a friaxe propia da tempada cun cartaz cargado de guitarras. 

Nesta edición, e van xa trece, estarán Berri Txarrak, La Gossa Sorda, Sés, Dios Ke Te Crew, Paddy and the rats e Liviao de Marrao. Mais o Castañazo non é só música. Xogos populares, cantos de taberna, un magosto popular e o tradicional aberto de billarda completan a programación do festival que terá lugar o 31 de outubro. 

Apunten nas axendas porque as entradas están xa á venda e teñen até o 6 de outubro para as mercar a prezo reducido (14 euros). Ora ben, se queren probar sorte a organización sortea dúas através dun concurso nas redes sociais. 

Máis en Ao vivo
Comentarios