A X Edición do Festival de creación emerxente 'Feito a Man' consolídase como mostra multicultural en Compostela

A iniciativa organizada pola Asociación cultural Cidade vella presenta a súa décima edición co lema Fe na Festa. Jazz, flamenco, blues, rock, pop, proxeccións, hip hop, danza ou lírico, vibrarán nas rúas da cidade.
Wolrus
photo_camera Wolrus

O festival de creacións emerxentes 'Feito a Man' ocupara os espazos singulares da zona vella da capital galega, como cada ano desde hai dez, coa intención de achegar propostas do que a organización denomina "cultura libre". Entre o 6 e o 25 de agosto un total de 33 creadores e creadoras achegarán novos sons con capacidade transformadora. A Asociación cultural Cidade vella, constituída polos locais Momo, Rúa, Mercromina, Fraggle Rock, Ultramarinos, Casa das Crechas, Borriquita de Belém, Modus Vivendi, Embora, Babel, A Reixa, Atlántico, Metate e Literarios, repite experiencia despois do éxito das anteriores nas que consegiu reunir a un todal de 30.000 persoas en veráns pasados.

Entre o 6 e o 25 de agosto un total de 33 creadores e creadoras aportarán novos sons con capacidade transformadora

Concertos
A música é un dos grandes atractivos deste festival. A primeira semana comeza ben forte. O 6 de agosto inaugúrase este apartado coa actuación de Wolrus ás 20:15 horas na Rúa Tras de Salomé, no Reixa, e de Pascuala Ilabaca ás 22:15 horas na Praza de Feixoo, no Modus Vivendi. O 7 de agosto as actuacións serán de Mónica de Nut e Virxilio da Silva (voz e Guitarra), Marcos Teira (guitarra) e Ricardo Parada (cantautor). O 8 será o concerto de Doa, Narf con Paulo Silva e Pascuala Ilabaca. O 9 tocaralle a D.J. Mill e Pablic e Chicharo Psicotico. O 10 de agosto actuarán Picaversos Surrealistas e na Zona C de Bonaval os Dr. Gringo + Sesión Dj De Nano Vinilo & Javi Amosa + Vj Vhs. O sábado 11 haberá unha matiné nas Crechas con Mr. Cool e Manolo Gutiérrez e Lilí dos Toxos e Estandarte Jazz.

Concurso fotográfico
O  'Feito a Man'  deste ano ten como novidade a celebración dun Concurso fotográfico no que poderá participar calquera persoa con imaxes sobre este festival. Haberá tres premios en metálico de 200, 150 e 100€ para o 1º, 2º e 3º premio, e dous bonos consumición de un mes, en locais da Asociación cultural Cidade Vella participantes na organización do festival.
As imaxes poderán enviarse ao correo electrónico: [email protected], unha vez supervisadas pola organización, colgaranse no blog da asociación. O proceso de votación correrá a cargo dos espectadores e usuarios unha vez rematado o festival. As bases poden consultars aqui.

Máis en Ao vivo
Comentarios