A Pastoriza crea un certame de música folk

Cultura do Concello da Pastoriza (Lugo) organiza a I Edición do Liorta Folk para solistas de gaita, violín, flauta, zanfoña e acordeón.
Cartaz do Liorta Folk
photo_camera Cartaz do Liorta Folk

Liorta folk nace coa intención de pór a disposición daquel@s músic@s folk non profesionais a oportunidade de demostrar a capacidade interpretativa e dar a coñecer a propias composicións. Segundo comentan desde a organización o certame “vai ser un punto de encontro para aquelas persoas que sintan e defendan a música folk, mesmo pode ser unha oportunidade de compartir experiencias, intercambiar ideas ou estabelecer lazos con outras xentes que coma elas entenden o folk como estilo de vida".  
                             
A dinámica
O concurso consta de enfrontamentos directos entre dous artistas polo sistema de apertura de actuación a cargo de un deles e resposta d@ contrincante. Cada artista interpretará tres pezas dunha duración máxima de 3 minutos  cada unha, ao estilo dos piques dos rapeiros, onde se pon en xogo a capacidade do artista para respostar cun tema axeitado e o virtuosismo en executar dito tema. Un xurado  profesional valorará ambos aspectos e outorgará a vitoria ao contrincante que considere máis preparado. Quen gañe medirase co gañad@r doutro grupo e así sucesivamente até quedaren tan só dous dos participantes que se batirán de igual forma. A final segue o mesmo sistema  coa excepción de que as pezas interpretadas neste caso deben ter unha duración mínima de 5 minutos e de 8 minutos máxima.

Bases
Para poder participar no Liorta folk hai que ser menor de 35 anos, dominar a interpretación musical con gaita, flauta, violín, zanfoña ou acordeón, que non teñan publicado o seu traballo en formato profesional. Tamén poderán participar @s integrantes daquelas agrupacións que como banda teñan editado traballos, sempre que o número de integrantes da agrupación neses traballos discográficos fora maior de dous. As maquetas recibiranse vía correo electrónico cun arquivo que non exceda os 25MB ao enderezo [email protected] antes do 5 de maio de 2012. O correo incluirá o nome, idade, enderezo, instrumento co que participará e un télefono de contacto.

O gañad@r do Liorta folk será galardonad@  có trofeo liorteir@ do miño e un premio en metálico de 1000 euros. A entrega dos premios será o 17 de maio no Salón de Actos do Concello da Pastoriza.

Máis en Ao vivo
Comentarios