A música galega para clarinete e piano reunida en tres cedés

Coa publicación de “Clarinete e piano” a editorial Ouvirmos xunta en tres CD case a totalidade de música para esta formación de cámara con autoría galega

.
Co lanzamento de “Clarinete e piano. Antoloxía de compositores galegos” reúnese nun traballo as composicións de autoría galega creadas para esta formación camerística. En total, xúntanse máis de 160 minutos de gravación, con pezas que pasan por vez primeira a soporte físico xunto con tres composicións que se publican de xeito exclusivo e que se corresponden con obras de Margarita Viso, Juan Eiras e Eligio Vila.

As obras divídense na publicación pola data da súa creación e, desta maneira, no primeiro CD reúnense pezas dos compositores nacidos na primeira metade do século XX, no segundo obras dos que naceron entre 1957 e 1960 ficando o terceiro para a nova xeración de autores para música de cámara.

Máis en Ao vivo
Comentarios