A danza moverá Ourense co Festival 'Corpo(a)terra'

Por segundo ano consecutivo a Compañía de danza Traspediante trae esta expresión artística a diferentes espazos da cidade das Burgas. Do 13 ao 15 de setembro 33 artistas implicarán á cidadanía coa arte o corpo.
Festival Corpo(a)terra
photo_camera Festival Corpo(a)terra

O corpo como expresión e a terra como paixón xurdirá en Ourense entre o 13 e 15 de setembro na segunda edición do Festival 'Corpo(a)terra'. Unha das artes escénicas máis atractivas e máis minorizadas triunfou ano pasado despois da experiencia que aportou a Compañía (e asociación) trasPediante. Marta Alonso e Begoña Cuquejo. Ambas artistas vivern por e para a danza. "A danza escolleunos a nós, non nós a ela", recoñece Begoña Cuquejo quen engade que é "toda unha paixón". Desta intensa relación xurden inciativas como a Aula de danza Universitaria ou a propia compañía. "O ano pasado decidimos levar a nosa paixón á rúa, bailar en espazos abertos de Ourense, e funcinou". Daquela pensaron que catro artitas podían asumir unha boa mostra, este ano cnseguiron involucrar a 33.

A segunda edición de 'Corpo(a)terra' terá como punto de inicio a Praza de Santa Eufemia

A segunda edición de 'Corpo(a)terra', nome escollido polo propio público o ano pasado, terá como punto de inicio a Praza de Santa Eufemia cada día ás 20:00 horas. "Como novidade pensamos integrar a arte antiurbana do artista "Peri" que pintará unha parede de San Cosme", apunta Begoña Cuquejo, "e agardamos manter a obra que se faga despois do remate do festival".

Catro serán as compañías ourensanas que presentarán espectaculo. Do ano anterior repiten Pisando Ovos, Patricia Varela, Paula Quintas e trasPediante. De fóra actuarán artistas internacionais, como a arxentina Xenia Tartari, as cubanas Entremáns, as madrileñas Almudena Rubiato e Lorena Díaz, e a irlandesa Liadan Herriot. Cun achegamento ao circo participarán Pablo Trasno e Fredi Circanelo e cun sentido máis poético Nonou Edicións.

Imaxe: Moisés Álvarez

Máis en Ao vivo
Comentarios