'Meigha' presenta novo videoclip

A banda de heavy-thrash galego de Vilagarcía e Pontevedra gravou un videoclip para o seu tema 'O pirata Drake'

'O Pirata Drake' é o novo videoclip da banda galega de heavy-thrash. Foi grabado no camarote da Numancia do Museo de Pontevedra, no Museo da Carabela Pinta do Concello de Baiona, no Concello de Pontevedra, no Campiño de Santa María na Coruña, na Torre de Hércules e en Vilagarcía. Fíxose cun orzamento cero, coa axuda na realización, grabación, maquillaxe e dirección artística de alumnos de Belas Artes, Arantza Pardo e Gala Valdés. A banda conta con dous traballos, "O son da terra" e "Segredos e Lendas", e grabará para DVD o seu directo dentro do Showcase 15 bolos nas festas de Pontevedra, o 2 de agosto na praza do Teucro.

Máis en Ao vivo
Comentarios