Traballos veciñais para pór en valor o rural esta fin de semana en Parteme, Quiroga

A Asociación de Veciños de Parteme, no Concello de Quiroga, convida este sábado 20 de maio a colaborar en traballos veciñais que culminarán cun xantar popular. O núcleo rural de Parteme, en Quiroga, está sendo coñecido estes últimos anos por noticias en que se dá a coñecer a súa situación de abandono municipal e a desatención. Os traballos consistirán en mantemento e limpeza no núcleo rural.
Veciños do nécleo de Parteme en Quiroga (Foto: Asociación de veciños de Parteme).
photo_camera Veciños do nécleo de Parteme en Quiroga (Foto: Asociación de veciños de Parteme).
Comentarios