O menor acoitelado nas festas da Ascensión de Compostela recibe a alta

O menor agredido a pasada quinta feira nas inmediacións da Igrexa de Santa Susana, en Santiago de Compostela, recibiu esta fin de semana a alta médica. O mozo acudira ás Festas da Ascensión e resultou ferido cunha navalla na coxa esquerda. Por estes feitos, a Policía Nacional detivo o sábado o presunto autor dos feitos, un varón coñecido da vítima e tamén menor de idade. A Fiscalía de Menores foi informada dos feitos e, á espera do informe definitivo, decretou que o menor permaneza baixo a custodia dos seus pais.

Imaxe da Alameda de Compostela. (Imaxe: Arxina).
photo_camera Imaxe da Alameda de Compostela. (Imaxe: Arxina).
Comentarios