
Redacción
23/05/23 10:48
A Policía Nacional detivo a fin de semana un home tras ser interceptado cun paquete de cocaína, de 160 gramos de peso, oculto na roupa na estación de autobuses de Lugo. Segundo informa o Corpo de Policía, ocorreu durante uns controis habilitados nas terminais da cidade. Nun destes dispositivos, os axentes observaron como unha persoa, ante a presenza policial, trataba de saír do seu campo de visión. Polo que foi identificado polos axentes.