Unha incidencia técnica no tren Vigo-A Coruña obriga a facer transbordo en Pontevedra

O tren entre Vigo e A Coruña con saída ás 8 horas sufriu esta mañá unha "incidencia técnica puntual" que obrigou ao transbordo de pasaxeiros en Pontevedra, co consecuente atraso na viaxe de arredor de media hora. Este tren tivo que volver a Vigo após chegar a Pontevedra, polo que outro convoi foi o encargado de levar os viaxeiros e viaxeiras até a cidade herculina. En relación con esta avaría, varias persoas queixáronse a través das redes sociais da "falta de información" sobre o sucedido e criticaron un "novo atraso" nesta liña.
Dous trens agardando a saída na estación de tren de Santiago de Compostela. (Foto: Arxina/ Europa Press)
photo_camera Dous trens agardando a saída na estación de tren de Santiago de Compostela. (Foto: Arxina/ Europa Press)
Comentarios