
Redacción
23/05/23 13:00
Lourenzo Fernández Prieto (A Devesa-Ribadeo, 1961) ingresará o vindeiro sábado 3 de xuño na Real Academia Galega (RAG) como membro de número, ocupando a vacante producida no ano 2020 polo falecemento da poeta Luz Pozo Garza. A sesión extraordinaria pública terá lugar no teatro Jofre de Ferrol, a cidade onde creceu, a partir das 12 horas. A entrada é libre até completar o aforo do teatro e poderá seguirse tamén en directo na páxina web da Academia.