Erguer convoca unha concentración en Lugo para mostrar o "rexeitamento do estudantado" á monarquía

A organización estudantil, Erguer, Estudantes da Galiza, convoca esta sexta feira ás 12 horas, unha concentración para mostrar o “rexeitamento do estudantado” tanto á presenza do rei na cidade como á monarquía española por considerala "un réxime corrupto e anacrónico." A concentración terá lugar diante da Biblioteca Intercentros e desde a organización animan a todas as estudantes a sumarse a ela, mais tamén ao resto de organizacións soberanistas que “estean en contra da monarquía”.
O rei Felipe VI durante unha mensaxe de noiteboa (Foto: Europa Press).
photo_camera O rei Felipe VI durante unha mensaxe de noiteboa (Foto: Europa Press).
Comentarios