O detido polo asasinato dunha muller en Pontevedra pasa a disposición xudicial esta cuarta feira

O home detido na madrugada desta pasada segunda feira por supostamente matar unha muller cunha arma branca en Pontevedra pasará a disposición xudicial previsibelmente esta cuarta feira, segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG). Será o Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra, en funcións de garda, o que se encargue dos feitos.

Recollida de probas no lugar no que foi asasinada a muller. (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press)
photo_camera Recollida de probas no lugar no que foi asasinada a muller. (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press)

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios