Camilo Franco, novo director da feira Culturgal

Culturgal arrinca este 2023 cunha nova persoa á fronte: Camilo Franco. O xornalista cultural e escritor, "cun perfil transversal que engloba tamén a xestión cultural", destacan desde a organización, asume o posto de director cunha folla de ruta que responde ás bases da convocatoria lanzada pola directiva da feira o pasado febreiro, segundo a cal o cargo poderá prorrogarse varios anos. A 16ª edición da Culturgal —do 1 ao 3 de decembro—, adiantan, promete ser fiel á esencia da feira como un "escaparate integrador das culturas galegas orientado aos públicos".
Camilo Franco, novo director do Culturgal.
photo_camera Camilo Franco, novo director do Culturgal.
Comentarios