
Redacción
23/05/23 14:40
A candidata á Acaldía polo BNG de Narón, Olaia Ledo, presentou as súas propostas en canto ás políticas de igualdade no Concello de Narón nunhas conversas nas cales estaban presentas mulleres da Marcha Mundial de Mulleres da comarca de Ferrolterra, doutras entidades que loitan a prol dos dereitos das mulleres, e veciñas do concello de Narón. Todas elas falaron das cuestións que é preciso mellorar para chegar a unha igualdade real. “As políticas de igualdade deben ser transversais e máis na administración máis próxima, por iso a a necesidade dunha técnica de igualdade”, comentou Ledo.