Aparece nun encoro de Ordes o cadáver dun home que saíra pescar o día anterior

Os servizos de emerxencia recuperaron dun encoro de Ordes (comarca de Ordes) o corpo sen vida dun home que saíra pescar na tarde da pasada cuarta feira. Segundo informou o CIAE 112 Galiza á primeira hora desta quinta feira, o cadáver foi rescatado durante a mañá no encoro Vilasenín. O corpo corresponde a un home que saíra a practicar a pesca na tarde do mércores, como apunta a Axega a través da súa conta de Twitter.

O encoro de Vilasenín, en Ordes (Foto: Turismo da Galiza).
photo_camera O encoro de Vilasenín, en Ordes (Foto: Turismo da Galiza).
Comentarios