SOCIAL

As cores do Orgullo alumean Galiza

Milleiros de persoas participaron ao longo da xornada deste sábado nas mobilizacións convocadas nas sete cidades galegas e en diferentes vilas do país para celebrar o Día do Orgullo LGBTI+, xusto cando se cumpre medio século da revolta de Stonewall, que visibilizou decisivamente a discriminación que sofren as persoas por razón da súa orientación sexual.