POLÍTICA

'Gañarmos o futuro': así foi a manifestación do Día da Patria Galega convocada polo BNG

Milleiros de persoas percorreron as rúas de Compostela nunha nova manifestación con motivo do Día da Patria Galega. Baixo o lema 'Gañarmos o futuro', o BNG reivindicou o seu proxecto "para unha saída xusta da crise" nun multitudinario evento que rematou nunha ateigada praza da Quintana. "O Bloque non naceu para ser unha corrente de opinión, senón para ser forza maioritaria, para transformar este país e construír unha Galiza mellor", defendeu Ana Pontón.

Comentarios