DEPORTES

O último adeus do deportivismo a Arsenio Iglesias

A capela ardente de Arsenio Iglesias abriu as súas portas no estadio de Riazor sobre as dez da noite desta sexta feira. Centos de de persoas xa pasaron por diante do cadaleito de Arsenio, que está situado no acceso ao campo de fútbol. Moitas persoas afeccionadas depositaron flores e diversos recordos. Despois da capela ardente, Arsenio Iglesias será soterrado no cemiterio do seu Arteixo natal, á unha da tarde, na máis estrita intimidade.

Fotos: RCDeportivo