Tamén na Galiza: este 25 de abril, o ''Grândola' desde xanelas e varandas

A iniciativa que esta quinta feira vai levarse a cabo en Portugal para conmemorar, malia o confinamento, a Revolución dos Cravos tamén chega ao noso país.

A Revoluçom dos Cravos fai 46 anos e Portugal non está disposto a que a pandemia do coronavirus lle impida lembrar e conmemorar unha data chave na historia do país. Suspendidas actividades programadas, desde concertos a manifestacións, exposicións, palestras...pola COVID-19; unha iniciativa propón que o 25 de abril, ás 15:00 horas, portugueses e portuguesas saían a xanelas e varandas para cantar Grândola Vila Morena e o himno nacional .

Tamén Galiza se suma á iniciativa de conmemorar o 25 de abril. AJA (Associaçom José Afonso ) presentou nas redes unha serie de actos, entre eles saír ás 16 horas (15 horas en Portugal) a xanelas e balcóns para cantar o 'Grândola'.

Ademais, e a través das redes sociais, desenvolveranse outras actividades. Ás 17 h. haberá video-saúdo de Mário Correia en nome da AJA Portugal.

Unha hora despois (8 h), Jásper interpretará un tema do Zeca Afonso, Canta, camarada e Tiago Fernandes fará o propio ás 20 horas con Traz outro amigo tambem.

Antes, ás 19 horas, Margarita Ledo falará da visión galega daquela revolución, que ela coñeceu en primeira persoa.